Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2019

Abre as ás

Abre as ás
da túa propria esencia...
e voa.

martes, 12 de marzo de 2019

Aloumiñar

Aloumiñar o musgo verde
preñado de auga de chuvia,
do carballo centenario,
e atesourar o tacto dos seus latexos...
dos meus latexos.

lunes, 13 de marzo de 2017

Buscar

Andar na procura dun nome
para o corazón,
se só parece haber pel?
Latexar Sol,
aloumiñar a voz propria do peito.

viernes, 10 de marzo de 2017

Auga

De novo xunto a auga. Sempre a auga, a apaciguar a sede dos labios, a refrescar o peito que camiña. O máxico elemento de incomprensibel alquimia que me facía tolear de neno na escola: dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno... ar máis ar: a líquido? Unha alucinante combinación que fuxe entre os dedos da man, transparente, sen cor, sen sabor (bo, a dicir verdade, a min sábeme moi boa), sen olor (aínda que eu creo que cheira moi ben)... e iso sí, con capacidade de falar e mesmo de facer música: música de chuvia, música de ondas de mar, musica de impetuoso rio, música de fervenza... música subtil de bágoa petando no chan.
Escoitando a linguaxe harmónica da auga, a súa voz colle protagonismo pleno a silenzar o eco inneccesario da estupidez humana, a de todos, a de todas, a miña propria.
Deitome á beira da auga, mollo a miña boca, fixo a miña ollada nun ponto da corrente, escoito con atención, acollo a caricia dos derradeiros  raios solares na miña face, e o tempo paralísase.
Bum-bum, bum-bum, bum-bum... percebo o tacto dos meus latexos. Vexo ocultarse o Sol tras a montaña. Sae unha lúa case que chea a se reflectir na auga.  

jueves, 2 de marzo de 2017

Pensamentos xunto á auga


Xoves 2 de Marzo. Agora estou sentado xusto á beira do Regueiro das Libélulas-Fadas. O Sol, que xa vai camiño de ocultarse na montaña, fai longuísimas sombras na folla branca do meu diario coa ponta do lapiceiro e os meus dedos. O son da auga entre a herba a facer pequenas fervenzas, é auténtica música. O ceo azul, a luz perfecta, os raios solares a agasallar calor para o corpo e a alma. Estrela e Pididita, as cadelas, fican deitadas no chan agardando por min. Hoxe descubrín que os cadeliños que ten Pididita son sete!... Qué grande nai é. Cómo os amamanta separados en dous grupos, para optimizar o reparto do seu leite. Qué perfecto todo isto!... contrasta co sofrimento que percebo non moi lonxe deste lugar. E quérese instalar a sensación de vulnerabilidade de todos... e propria. E xurde a eterna pregunta de adolescente inconformista en fase nihilista: por qué? E só atopo resposta no contraste, no antagonismo da forza vital de canto existe: no Sol, no ceo azul, na auga cristalina, nos animais e as plantas que me rodean, no bosque, na montaña. E só acerto a dicir:
Dignidade existencial!!!                                                

domingo, 1 de enero de 2017

Noite Vella


Non existe reloxo...
só Sol e máis latexos.


photo by antòniu
última puesta de Sol del año/derradeira posta de Soldo ano




viernes, 23 de diciembre de 2016

OUTONO


Os beizos dos meus ollos
beben o sangue  
do cálice maduro do outono...

martes, 17 de mayo de 2016

A primavera ama. Ama en cada folla parida, en cada flor aberta, en cada latexo de paxaro ceibe.
A primavera sorrí, oferece o seu sorriso máis amabel nos seus silandeiros labios.
A primavera ensina, ensina sabedoria existencial en cada páxina do seu libro. En cada verba, en cada letra... na nosa páxina tamén.


photo by antòniu











































































photo by antòniu


martes, 3 de mayo de 2016

Instante

Inmortalizar un instante diante da inmensidade da mar, borracho de luz, de escuma de ondas e de area... en incansabeis grolos da garrafa do sacro elixir laranxa do pai Sol. Amén.

lunes, 2 de mayo de 2016

Carballa da Rocha

A Carballa da Rocha, é un espectacular carballo (Quercus robur) que mora nun fermoso enclave do lugar da Saínza, no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) .  Recebe a súa denominación en feminino  xa que dalgunha maneira é considerada como a nai de todos os carballos, pola idade ( calcúlaselle máis de cincocentos anos ) e polas dimensións (máis de 8 metros de perímetro e case que 40 metros de altura). A sensación que un ten segundo se vai aproximando a súa beira, é a de estar diante dunha entidade moi especial e única... a mesma que se experimenta cando un chega á explanada de Gizeh e se atopa fronte á xigantesca pirámide de Keops ou cando un camiña polos xardíns que levan cara o Taj Mahal. Grazas Nica, por mostrarme tan singular árbore.

viernes, 1 de enero de 2016

Derradeiro lusco-fusco do ano

Atardece... derradeiro día do ano.
E o pai Sol, non entende de datas nin de celebracións. Segue co seu ciclo existencial... doando latexos.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Solpor

 Vou ao encontro do pai Sol antes de que se poña no horizonte, como amante que vai ao encontro da amada, co desexo no corpo e no peito de acoller cálidas apertas e beixos. E de tal xeito, sentado no medio da irmandade do bosque, mentres recibo a súa reconfortante aperta de luz e calor; síntoo como alguén que me ama profunda e incondicionalmente... sen pedir nada a troques, sen cuestionar ren, sempre aí, todos os días do ano... durante todos os días da miña existenza.                                          
E síntoo coma agua no deserto que aplaca a sede... a sede de luz do corazón, a sede de camiño apacibel pra a propia esencia.

Apalpo os pétalos laranxas do Sol cada atardecer e saboreo o doce elixir que emana dos seus pistilos, como sacro alimento. E carexo as páxinas do libro da súa presenza, mestras garantes do significado da miña presenza...                                        
Na presenza de todo, na presenza de todos.

lunes, 27 de julio de 2015

A miña amiga

Amiga...
de novo
xunto ti.
Ou quizais,
sempre estabas
comigo...
dentro
do meu peito.
A miña amiga mar.

lunes, 8 de junio de 2015

LATEXOS

Os latexos son o eco do Sol, a voz leda que alimenta ao peito que camiña, a sabedoría do bo ser e o ben estar, a garantía do significado da propria esencia, a luz que alumea ao corazón, a auténtica verba do libro da existencia, a verdadeira fonte que aplaca a sede... de latexos.

viernes, 19 de septiembre de 2014

Nai mar

Acoller
o murmurio da mar,
no peito...
como canto da nai
ao neno no berce
para que durma.
E retelo permanentemente.


lunes, 3 de junio de 2013

O Universo dunha flor


Viaxo no Universo
dunha flor
con corpo de formiga...

martes, 12 de febrero de 2013

Árbore


Camiño polos territorios da irmandade do bosque. Camiño percibindo entre a néboa as figuras maxestosas das árbores espidas, decatándome da singularidade de cada unha.
Cada árbore presenta un porte determinado, unha distribución concreta das súas ponlas, un grosor e unha estrutura definida do seu tronco… unha orientación, unha altura.
Cada árbore ten a súa propria presenza e esencia.
Cada individuo deixa albiscar a súa propria idiosincrasia… e non podo evitar ver paralelismo cos seres humanos.
… me sentir, afortunadamente, un pouco árbore.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Paseo polo bosque

Camiño pola irmandade do bosque
sentindo cos meus pés
o tacto cálido das roupaxes das árbores
deitadas no chan.
E as mesmas folerpas de neve
que acarician os seus corpos espidos...
acarician a miña face.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Nutro

Nutro o peito
co arco da vella de follas
da montaña

domingo, 31 de julio de 2011

Amiga... lembras?

Lembras amiga, a forza dos meus latexos brincando no peito, en sublimes solpores de gaivotas ceives... xunto ti? Lembras o roce dos meus beizos acollendo as fragrancias do teu alento? Lembras o tremente tacto da miña pel aloumiñando o teu impetuoso corpo? Lembras a miña boca muda e os meus ouvidos eternamente abertos aos sedutores murmurios da túa voz? Lembras as miñas olladas perdidas na inmensidade dos teus ollos... tolamente namorado de ti?
Lembras, amiga mar? Amiga mar ausente.