As veces trocaría o pelexo pola cortiza dunha árbore, o peito polo seu tronco, o sangue pola súa sabia,
a boca polas súas raíces... o medo ao paso do tempo pola súa estática liberdade.
As veces silenciaría ata as palabras... soamente ver e máis escoitar.
Acariciar vento coas miñas pólas , beber choiva, sol pra respirar.
Lexitimar as primeiras xemas en primavera e no outono follas ceivar.
Percever os latexos de Nai Terra en silencio... dar sombra sen máis.
As veces trocaría cortiza polo pelexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario