Etiquetas

domingo, 17 de abril de 2011

Ser primavera tamén...


   Percebo a chegada da primavera unha vez máis, despois do longo letargo do inverno, como un miragre de renovación e vida: En cada flor, en cada anaco de herba, en cada xema de árbore, en cada movemento dos animais, no son do regueiro de auga.
Percebo en min mesmo se cadra, un tempo de simbiose co estoupido de luz e cor da natureza… unha oportunidade pra fundirme e medrar coa efusiva creatividade xeneralizada que oferece xenerosa a Nai Terra.
É preciso sentirse parte integrante do proceso estacional en curso e auto-observarse. En canto no que acontece agora, é preciso facer que recaia todo o verde vital que xurde de novo impulsado polo sangue do Pai Sol, na propia esencia… latexar en clorofila e luz. Airear o peito, clarexar a fronte que camiña.
Simplemente ollando e sentindo todo canto nos rodea.
Ser primavera tamén

No hay comentarios:

Publicar un comentario