Etiquetas

miércoles, 7 de julio de 2010

Cúpula celeste

   Xa son máis das 24 horas.
Alán e Alba fican durmindo.
Eu saio da cabana pra sentir un pouco a noite. Instintivamente camiño cara a rocha de ollar ás estrelas e déixome cair deitado nela. Montañas nos catro puntos cardinais que fan de almofada e a cúpula celeste preñada de galaxias, por saba.
Por momentos, percebo o improvisado leito, como unha prolongación máis do útero da Terra. Véxome a min mesmo como un neno, pequenísimo, enriba da redondez do planeta… microscópicamente xigante.
Nun intre, comezo a escoitar o latexo de Gaia con forza:
PUM- Pum, PUM- Pum, PUM-pum
Mais, decátome de que o pulso proven verdadeiramente do meu peito e… río. Ou, se cadra ¿é o eco do corazón dela no meu corpo?.
Permanezo en silencio no meu interior. Unha lene brisa cálida de verán carexa a miña cara, susurrando nos ouvidos cancións de grilos e de regueiros lonxanos.
De súpeto, o atronador ruxido dos motores dun avión que navega parpadeante polo ceu, sábeme a homo sapiens e case me fai escapar do paradiso. Menos mal que unha estrela fugaz e despois outra, enmudecen os meus pensamentos diante da inmensidade do Universo
…E véxome a min mesmo xigantescamente microscópico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario