Etiquetas

viernes, 11 de marzo de 2011

Dura Nai Terra


¡Qué pequeno o ser humano diante da furia desatada polo planeta na máis mínima sacudida da súa pel! ¡Canta desolación en escasos segundos!
É inevitabel perceber agora á amada Terra como unha despreocupada nai que abandona seus fillos no abismo.
É inevitabel comparala cun neno rebuldeiro que aproxima un fósforo á entrada dun formigueiro, soamente polo prazer de ver retorcerse ás probes formiguiñas na súa combustión. É inevitabel sentirse fráxil, pendurando dun fío de araña que calquera sopro de ar caprichoso pode seccionar, en calquera momento. É inevitabel non eludir á ollada das sombras das irmás e irmáns que sofren, baixo o mesmo Sol.
Xa sei Nai Terra, que ti segues o teu camiño. Xa sei que ti non fas distincións:
Así unha formiga… Así nós mesmos.
A nación do Sol nacente, treme e chora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario