Etiquetas

viernes, 10 de marzo de 2017

Auga

De novo xunto a auga. Sempre a auga, a apaciguar a sede dos labios, a refrescar o peito que camiña. O máxico elemento de incomprensibel alquimia que me facía tolear de neno na escola: dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno... ar máis ar: a líquido? Unha alucinante combinación que fuxe entre os dedos da man, transparente, sen cor, sen sabor (bo, a dicir verdade, a min sábeme moi boa), sen olor (aínda que eu creo que cheira moi ben)... e iso sí, con capacidade de falar e mesmo de facer música: música de chuvia, música de ondas de mar, musica de impetuoso rio, música de fervenza... música subtil de bágoa petando no chan.
Escoitando a linguaxe harmónica da auga, a súa voz colle protagonismo pleno a silenzar o eco inneccesario da estupidez humana, a de todos, a de todas, a miña propria.
Deitome á beira da auga, mollo a miña boca, fixo a miña ollada nun ponto da corrente, escoito con atención, acollo a caricia dos derradeiros  raios solares na miña face, e o tempo paralísase.
Bum-bum, bum-bum, bum-bum... percebo o tacto dos meus latexos. Vexo ocultarse o Sol tras a montaña. Sae unha lúa case que chea a se reflectir na auga.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario