Xoves 2 de Marzo. Agora estou sentado xusto á beira do Regueiro
das Libélulas-Fadas. O Sol, que xa vai camiño de ocultarse na montaña, fai
longuísimas sombras na folla branca do meu diario coa ponta do lapiceiro e os
meus dedos. O son da auga entre a herba a facer pequenas fervenzas, é auténtica música. O ceo azul, a luz perfecta, os raios solares a agasallar calor para o corpo e a alma. Estrela e Pididita, as cadelas, fican deitadas no chan agardando por min. Hoxe descubrín que os cadeliños que ten Pididita son sete!... Qué grande nai é. Cómo os amamanta separados en dous grupos,
para optimizar o reparto do seu leite. Qué perfecto todo isto!... contrasta co sofrimento que percebo non moi lonxe deste lugar. E quérese instalar a sensación de vulnerabilidade de todos... e propria. E xurde a eterna pregunta de adolescente inconformista en fase
nihilista: por qué? E só atopo resposta no contraste, no antagonismo da forza
vital de canto existe: no Sol, no ceo azul, na auga cristalina, nos animais e as
plantas que me rodean, no bosque, na montaña. E só
acerto a dicir:
Dignidade existencial!!!
Dignidade existencial!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario